Esta serie de fotografías representa a nosa visión persoal sobre o libro “Viaxe a Libunca”, escrito por Antonio Yáñez Casal e galardoado co premio Raíña Lupa no ano 2006.
No texto, o protagonista, un rapaz novo, percorre a pé un camiño polo norte de Galicia, dende a súa vila ata Libunca, uha viaxe interior de crecemento e aprendizaxe.
Para o noso traballo fixemos exactamente o mesmo percorrido que o protagonista, con obxecto de elaborar estas dúas serie que, finalmente están compostas por máis de cincuenta fotografías.
Dende o principio descartamos facer un traballo de “ilustración” do texto. As dúas series plasman cadansúa visión persoal da historia, describen sensacións e transmiten as nosas propias visións sobre o texto. Cada serie conecta a través das imaxes con emocións e sensacións que transmite o autor coas súas palabras.
“Libunca é o destino dun rapaz que viaxa ignorando que, con cada paso, o seu mundo se converte máis en lenda”. (Antonio Yáñez)
This series of photographs represents our personal vision of the book “Viaxe a Libunca,” written by Antonio Yáñez Casal and awarded the “Raíña Lupa” Prize in 2006.
In the text, the protagonist, a young boy, travels on foot along a path in northern Galicia, from his village to Libunca, an inner journey of growth and learning.
For our work, we followed exactly the same route as the protagonist to create these two series, which are ultimately composed of more than fifty photographs.
From the beginning, we ruled out creating an “illustration” of the text. The two series capture each one’s personal vision of the story, describing emotions and conveying our own personal views on the text. Each series connects through images with emotions and sensations that the author conveys with his words.
“Libunca is the destination of a boy who travels unaware that, with each step, his world becomes more legendary.” (Antonio Yáñez)